Páginas

sábado, 23 de mayo de 2015

Editar experiencias na aula

Para elo utilizamos o iMovie .

Traballando rimas e o ChatterKind

Proceso:


-Lectura na aula de distintos libros de poesía.
-Traballar con palabras que rematan igual
-Facer pequenas rimas xogando cos seus nomes
-Buscar palabras que rimen entre si
-Por parellas e coas tablets intentar escribir dous pareados
-Correxir as faltas e aprender a pronuncialo e leo adecuadamente.

-Utilizar o programa ChatterKid con autonomía e grabalos.
Algúns dos resultados foron os seguintes:












Elaborar un diálogo e grabalo có Snot puppets

Ser capaz de elborar un diálogo baseado nun conto traballado na aula e grabalo nas tablets co programa Snot puppets.
Actividades:
Este ano estamos a traballar coas tablets na aula en lingua fixemos a seguinte experiencia:
1.- Limos o conto de Pedro e a lúa na aula entre todos e todas.
2.- Comentamos o conto e o seu contido, personaxes...
3.-Xuntamos por parellas e mediantea técnica de "folio xiratorio" escribimos o diálogo que podían ter os personaxes do conto.
4.- Coa axuda das profes Marta e Heidy correximos os erros do escrito.
5.-Practicamos o diálogo entonando e vocalizando ben.
6.- Unha vez temos dominado a entonación, vocalización e o tono de voz axeitado o aprendemos de memoria.

7.-Utilizamos a aplicación Sock Puppets: Eleximos os personaxes , o decorado e nos grabamos.

O resultado foi:








Buscamos solucións aos nosos medos

Despois de contar  o conto de "Gato Guille e os monstros" (xa coñecido polo alumnado) comentamos os nosos medos que as veces non teñen razón de ser.
.-Retomamos a lista de cousas que lle tiñamos medo e as anotamos no encerado.
.-Por parella cada parella tivo que elixir un medo para o cal tiña que escribir unha solución posible.
.- Pensan en falan en parella e logo a escriben en galego e sen faltas entre os dou membros da parella ditas solucións.
.-Unha vez corrixido pola mestra terán que practicar a súa lectura correcta ,ben entoada ,e vocalizada.

.-Finalmente na tablet e coa aplicación Tellagami elaboraran un recetario de solucións ante os distintos medos.
(Terán que ler os dous membros da parella ,para elo terán que ensaialo repartindo o texto e vocalizar e falar có ton adecuado)
O resultado.



martes, 3 de marzo de 2015

Guión: deseño de tarefas


Esta sesión leva por título GUIÓN 
porque dentro do proxecto de formación 
será o momento no que empecemos a traballar co texto, 
co currículo, coas competencias, cos estándares...


ESQUEMA DA SESIÓN



PLANTILLA PARA FACER O PRIMEIRO BOCETO  DA TAREFA


PLANTILLA PARA DESEÑAR A TAREFA COMPLETA

Por último, preséntase a plantilla para a deseño da vosa tarefa, 
que será posta en práctica na aula no mes de MAIO.

Temos de prazo ata o día 19 de marzo para realizar o deseño da tarefa.


Para descargar as plantillas premedes en cada imaxe 
e despois dende Archivo escolledes o formato de descarga que prefirades.

lunes, 2 de febrero de 2015

Bastidores


Así lle chamamos á sesión de posta en común sobre as experiencias e reflexións. 
Esta é unha sesión de grande importancia, nela compartiremos dúbidas e accións, 
ideas e desacougos.
Falaremos de qué foi ben, qué non foi tan ben e por qué.
Qué fixemos para solucionar algo que apareceu de repente e tamén as nosas impresións.
Moitas grazas pola vosa colaboración.