Páginas

martes, 27 de enero de 2015

Aprendendo con ImageChef



        Esta actividade foi pensada para traballar cun neno que presenta N.E.A E. dentro da miña aula.  En primeiro lugar e para aprender, eu como mestra fixen fotos a algún neno/a da clase. Despois na Aplicación ImageChef insertamos as fotos co nome escrito en maiúsculas. A continuación gardei a imaxe e subinna ao blog. O obxectivo da actividade é que o neno recoñeza e comece a asociar  a foto co seu nome.


 





    

lunes, 26 de enero de 2015

ALBUM DE 3 ANOS A

Esta actividade foi realizada polos nenos e nenas da aula de 3 anos A da mestra Rosa. Primeiro fixeron as fotos co Ipad. Despois na Aplicación ImageChef os nenos e nenas foron insertando cada un a súa foto, elexindo a cor do marco e escribiron o seu nome con maiúsculas. Despois gardaron a imaxe e a súa mestra fixo a montaxe final para subila ao blog. O obxectivo da actividade era que cada neno ou nena fixera un cartel coa súa foto e o seu nome. 

jueves, 22 de enero de 2015

Ensaio


Esta sesión chámase ENSAIO porque é onde imos facer 
as nosas primeiras probas coas aplicacións na aula.

Os mestres e mestras, coas decisións oportunas tomadas previamente 
poñedes en práctica unha actividade deseñada utilizando 
unha das aplicacións seleccionadas na sesión CAMERINO 

Para elo tedes todo o mes de xaneiro durante o cal vos organizades
o calendario de uso do dispositivo e outras necesidades que xurdan.

Aquí tedes o documento Autoinforme 1 cubrir individualmente e entregar
á coordinadora antes da próxima sesión.

Preme no enlace e vai á pestana archivo, 
dende alí accede a "Descargar como" e escolle o formato que desexes.

miércoles, 14 de enero de 2015

viernes, 9 de enero de 2015

Actividade co programa Doceri

Con este programa planteamos un reto de Razoamento lóxico
A rapazada debe seguir as pautas para construir a figura dada
Este programa requiere un tempo de experimentación , hai que trastear un poco para facer algo decente pero non é complicado.
Aplicación :




Contar un conto, facer esquemas e mapas conceptuais,explicación sobre matemàticas como contas de dividir,etc.